O Concello de Vigo publica as bases e convocatoria para 3 prazas de traballador/a social
20 de septiembre de 2022
O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 3 PRAZAS DE DIPLOMADA/O EN TRABALLO SOCIAL

REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
D
eberán estar en posesión do título de diplomada/o en Traballo social, grao ou equivalente
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio para todos os participantes
Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 50 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta.
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá en desenvolver por escrito 4 temas elixidos ao chou.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición. Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle á e ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
EXERCICIO 3. Obrigatorio e eliminatorio nun tempo máximo de 3 horas.
Consistirá na resolución por escrito de dous supostos teórico-prácticos de carácter procedemental e administrativo que determinará o órgano de selección inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos as tarefas propias da praza.
Durante o desenvolvemento desta proba as/os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o que poderá, ao final da exposición, solicitarlle á/ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido.
EXERCICIO 4 . Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá nunha proba de carácter práctico, dirixida a avaliar as competencias dixitais a nivel usuaria/o de entornos e ferramentas dixitais, aplicacións de carácter básico, contornos operativos Windows, Linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (Open Office ou similar) e de utilidades básicas de internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos
EXERCICIO 5. Obrigatorio e NON eliminatorio,
Consistirá na realización dunha proba oral e/ou escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
TEMARIO:

- A Constitución española de 1978
- A Unión Europea
- A organización territorial do Estado.
- O municipio
- Organización municipal
- O acto administrativo
- A invalidez do acto administrativo
- O procedemento administrativo
- Os contratos do sector público
- A potestade sancionadora
- O orzamento das Entidades Locais
- A igualdade de xénero
- Historia e evolución do sistema de protección social en España.
- O sistema público dos servizos sociais no marco dunha política de Benestar Social.
- A política social na Unión Europea
- Marco legal dos servizos sociais.
- Lei de servizos sociais de Galicia
- Os servizos sociais comunitarios
- Os servizos sociais especializados
- O traballo social como disciplina
- Fundamentos, principios e funcións básicas do traballo social.
- Metodoloxía do traballo social.
- A planificación e programación nos servizos sociais
- A avaliación dos programas e proxectos sociais no marco dos servizos sociais comunitarios básicos
- Os sistemas de información ao servizo da atención social.
- Técnicas e instrumentos empregados no Traballo Social.
- As necesidades sociais
- A Seguridade Social en España.
- Incapacidade temporal e incapacidade permanente
- O emprego como factor social de inclusión.
- Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade entre homes e mulleres
- A Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia.
- Regulación do procedemento para o recoñecemento da dependencia e do dereito ás prestacións do sistema de dependencia e procedemento de elaboración do PIA da Comunidade Autónoma Galega
- As persoas maiores
- O servizo de Axuda no Fogar.
- Evolución do marco normativo en materia de infancia
- A familia e os menores
- Programas e servizos para os menores e as familias a nivel autonómico e local.
- Adolescencia e xuventude, aspectos psicolóxicos e sociais.
- Normativa estatal, autonómica e local verbo da muller.
- Mulleres en situación de dificultade social.
- Minorías étnicas e integración
- Adiccións.
- Plan de trastornos aditivos de Galicia.
- Discapacidade
- A saúde mental
- Procesos sobre a capacidade das persoas
Poboación inmigrante - Análise sociodemográfico de Vigo.
- Renda de inclusión social.
- Pobreza, desigualdade e exclusión social.
- Intervención con persoas sen fogar
- Traballo social comunitario.
- Modelos de desenvolvemento dunha comunidade.
- Traballo social de grupo
- A entrevista individual/familiar aplicada ao traballo social.
- A historia social como soporte documental na intervención social individual e familiar da/o traballadora/traballador social.
- O informe social como instrumento técnico da/o traballadora/traballador social.
- O equipo interdisciplinar.
- O voluntariado social.
Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación
Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.