Diseño del blog

O Concello de Vila de Cruces publica as bases e convocatoria para unha bolsa de emprego de Auxliar de Biblioteca

sept 16, 2022

O CONCELLO DE VILA DE CRUCES PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA UNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ser español/a. As/os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e as/os estranxeiras/os residentes en España poderán acceder en igualdade de condicións que cidadanía española a aqueles sectores da función pública aos que segundo o Dereito Comunitario sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Deberán acreditar a súa nacionalidade ou a súa residencia respectivamente e o cumprimento das condicións establecidas para todas as persoas aspirantes, mediante tarxeta acreditativa orixinal ou fotocopia, da súa identidade, expedida polas autoridades competentes do seu país de orixe.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión do título de Graduado en ESO, FP 1.º grao (exclusivamente rama Administrativa) ou equivalente. En caso de titulacións obtidas no estranxeiro, a persoa aspirante terá que estar en posesión da credencial que acredite a homologación. 
  • Posuír a capacidade funcional así como a capacidade física necesaria para o desenvolvemento das tarefas. 
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou persoal laboral da administración pública. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. 
  • Non estar incurso/a en causas de incompatibilidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Antes de tomar asinar o contrato, a persoa interesada terá que facer constar que non ocupa ningún posto de traballo nin realiza ningunha actividade no sector público delimitado polo art. 1 da Lei 53/1984 e que non percibe pensión de xubilación, retiro ou orfandade. Se realiza algunha actividade privada, incluída a de carácter profesional, terao que declarar no prazo de dez días naturais contados a partir do día de inicio do contrato, para que a corporación acorde a declaración de compatibilidade ou incompatibilidade
  • Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúa a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores así como por trata de seres humanos. 
  • Estar en posesión do carné de conducir clase B e estar disposto/a a conducir vehículos desa categoría do xeito que lle sexa requirido para o desempeño do seu traballo. As persoas aspirantes teñen que estar en posesión de todos os requisitos no intre en que remate o prazo de presentación de solicitudes. 

As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia cuxo modelo se facilitará no rexistro xeral do concello, na sede electrónica ou na páxina web do concello (www.viladecruces.es) e será dirixida ao alcalde, con independencia de que se admitirá calquera outro modelo no que consten os datos da persoa solicitante, DNI, domicilio, teléfono de contacto e correo electrónico.
Á instancia acompañarase xustificante do abono dos dereitos de exame e formación do expediente, de conformidade coa Ordenanza fiscal reguladora da taxa de documentos , que por concorrencia ás probas selectivas para o ingreso de persoal, atópase en vigor ( 16,03 euros). Os aspirantes rexistrados nas Oficinas de Emprego como demandantes de emprego, que o acrediten debidamente quedarán exentos de abonar a taxa correspondente por dereitos de exame.
A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral do Concello ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4, da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas no prazo máximo de 10 días hábiles, a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO,  é dicir, ate o día 21/09/2022, na sede electrónica, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas e datadas polo/a funcionario/a de Correos antes de seren certificadas.
SISTEMA SELECTIVO: EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos.
Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario, tipo test, de 24 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria
EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá na realización, por escrito, dun ou varios supostos prácticos que versarán sobre o contido do programa da convocatoria e/ou o coñecemento e funcións propias do posto de AUXILIAR DE BIBLIOTECA. 
EXERCICIO 3 . Coñecemento da lingua galega c un tempo máximo de 30 minutos
De carácter obrigatorio e eliminatorio para aqueles aspirantes que non puidesen acreditar documentalmente que posúen o diploma
Consistirá en redactar correctamente en galego, un texto seguindo as instrucións dadas polo tribunal. A cualificación deste exercicio será de apto ou non apto.
Sen embargo, as persoas aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega, con carácter previo e de maneira normativamente establecida (mediante a presentación de fotocopia do CELGA 3 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia), quedarán exentas da súa realización.
TEMARIO:
  1. A Administración Local.
  2. O municipio e a súa organización
  3. Persoal ao servizo do Concello.
  4. As bibliotecas públicas
  5. A Biblioteca do Concello de Vila de Cruces
  6. Tipoloxía de persoas usuarias nas bibliotecas públicas
  7. A preparación de materiais para o seu uso.
  8. As seccións infantís e xuvenís. 
  9.  A animación á lectura
  10. . A biblioteca e a web social.
  11. O libro electrónico. 
  12. O catálogo. 
  13. Sistema bibliotecario de Galicia. 
  14. As seccións especias nas bibliotecas
  15. A sección local.  

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: