Diseño del blog

O Concello de Vilalba publica as bases e a convocatoria para 1 praza de administrativo/a

oct 10, 2022

O CONCELLO DE VILALBA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A (Interinidade)

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. 
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse otra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público. 
  • Non ser separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, non acharse en inhabilitación absoluta o especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional dotro Estado, non acharse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/á sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos términos o acceso ao emprego público.
  • Estar en posesión de Técnico Superior en Administración e Finanzas, Técnico Superior en Secretariado, ou titulación equivalente similar; ou bacharelato. 
  • Estar en situación de desemprego. Acreditarase mediante informe de vida laboral actualidado, ou documento da Oficina Pública de Emprego onde conste tal circunstancia. Igualmente os candidatos poden provir de situación de mellora de emprego. Acreditarase mediante documento da Oficina Pública de Emprego onde conste tal circunstancia (mellora de emprego). 


As solicitudes presentaranse no prazo de cinco días naturais contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria na sede electrónica do Excmo. Concello de Vilalba (tablón de anuncios e portal de transparencia) e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no Rexistro Xeneral do Excmo. Concello de Vilalba, en días laborais e en horario de oficina, o ben en calquera dos lugares previstos no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de ocutubre do Procedemento Administrativo Común das Admiistraciones Públicas, é dicir, ate o día 15/10/2022


PROCESO SELECTIVO:


APARTADO 1.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo:  50 minutos


Consistirá en contestar por escrito, un cuestionario de 40 preguntas tipo test con tres respostas alternativas que só unha será a correcta 


RESOLUCIÓN DUN SUPOSTO PRÁCTICO

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 60 minutos


De carácter práctico consistirá na realización dun suposto práctico que contará con un cuestionario de 4 preguntas sobre o mesmo. O/os enunciado/s do/s suposto/s serán propostos polo Tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio e versarán sobre os contidos das materias comprendidas no temario


APARTADO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 60 minutos


Proba práctica de ordenador: suposto práctico referido ao "paquete office" programas word e excel ou os seus equivalentes do libre office.


PROBA DE COÑECEMENTOS DO IDIOMA GALEGO

Tempo: 30 minutos


Consistirá nunha tradución dun texto de contido administrativo do castelán ao galego


Terá caracter obligatorio e eliminatorio, para aqueles aspirantes que non acrediten antes da súa realización estar en posesión do titulo CELGA 4 o equivalente. 


TEMARIO:

  1. O municipio: Concepto, elementos e competencias
  2. O término municipal. A Poboación. O empadroamento
  3. Organización Municipal: Órganos necesarios e complementarios: Competencia e delegacións. 
  4. Potestade Reglamentaria das entidades locais: Ordenanzas e Reglamentos. Definición e clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
  5. Réxime de sesións e acordos dos órganos colexiados 
  6. Bens das Entidades Locais: Clases e Réxime Xurídico. Inventario de bens
  7. O persoal ao servizo das Entidades Locais: Concepto e Clases. Acceso. 
  8. Principios da Potestade Sancionadora
  9. Principios da Responsabilidade Patrimonial das Administracións Públicas. 
  10. Administrado: Concepto, Medios electrónicos e Rexistro. 
  11. A obrigación de resolver. Sentido do silencio
  12. Cómputo de Prazos e Tramitación de Urxencia.
  13. Requisitos dos Actos administrativos. 
  14. Eficacia dos Actos Administrativos: A notificación.
  15. Anulabilidade, Nulidade e Convalidación do Acto.
  16. Recursos Administrativos: Concepto e Clases. 
  17. Estudo do Recurso de reposición: Potestativo e Obligatorio no ámbito local.
  18. Contratos do Sector Público: Réxime xurídico e delimitación. A administración contratante. Contratista: Capacidade, solvencia, prohibicións e clasificación. 
  19. Contratos do Sector Público: Actuacións previas á contratación. Procedementos e Criterios de adxudicación. 
  20. Contratos do Sector Público: Garantías, adxudicación e formalización do contrato. 
  21. Contratos do Sector Público: Execución e modificación dos contratos. Extinción do contrato. 
  22. Contratos do Sector Público: Perrogativas da Adminstración. A cesión dos contratos e a subcontratación.
  23. Contratos Privados da Administración. Concepto e Principais características 
  24. Contrato de obra: Concepto e Principais características.
  25. Contrato de Servizo: Concepto e Principais características
  26. Contrato de Suministro: Concepto e Principais características. 
  27. Contrato de Concesión: Concepto e Principais características.
  28. Recursos Locais: Definición e clasificación
  29. Taxas e Ordenanzas Fiscais 
  30. Especial referencia ás fases de procedemento de xestión do gasto. 
  31. O orzamento local: Contido e estrutura. Principios.
  32. Macromagnitudes: Liquidación do orzamento e Remanente
  33. Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creacción do rexistro contable de facturas no Sector Público. 
  34. Informática básica: Conceptos fundamentais sobre o hardware e o software. Sistema de almacenamento de datos. Sistemas operativos. Nocións básicas de seguridade.
  35. Introdución ao sistema operativo: A contorna Windows. Fundamentos. Traballo na contorna gráfico de windows: Fiestras, iconos, menús contextuales, cadros de dialogo. O escritorio e os seus elementos. O menú inicio. 
  36. Explorador de windows. Xestión de cartafois e arquivos. Operacións de procura. O meu Pc. Accesorios. Ferramentas do sistema
  37. Procesadores de texto: Word ou o equivalente en Libre Office.Principais funcións e utilidades. Creacción e estructuración do documento. Xestión, grabación, recuperación e impresión de ficheros.
  38. Follas de cálculo: Excel ou o equivalente ao Libre Office. Principais funcións e utilidades. Libros, follas e celdas. Configuración. Introdución e edicción de datos. Fórmulas e funcións. Gráficos. Xestión de datos. 
  39. Correo electrónico: Conceptos elementais e funcionamento. A contorna de traballo. Enviar, recibir, responder e reenviar mensaxes. Creacción de mensaxes. Regras de mensaxe. Libreta de direccións
  40. A rede Internet: Orixe, evolución e estado actual. Conceptos elementais sobre protocolos e servizos de internet. Navegación. Favoritos, historial, procura. Os menus de Internet Explorer e as súas funcións. 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: